31/10/2007

Meme vai!

Xa está Besbelliña poñéndonos deberes de novo!
A min o marrón encasquetoumo Zerovacas.
Para o caso, se o entendín ben, teño que:
  • describir de que vai o meme este
  • facer unha listaxe de 8 cousas, as que queira
  • facer unha listaxe das 8 seguintes víctimas e deixarlles o aviso nos seus blogs
Pois o meme vai de romper os miolos cumplindo con estas condicións.
As miñas 8 cousas importantes:
  • A vida. Dure o que dure e traia o que traia.
  • A eterna procura da sabiduría.
  • A xente que quero e que me quere, que cada vez son mais. Biquiños a todos.
  • A imaxinación, a fantasía, a capacidade de ilusionarse.
  • A vontade de superación.
  • A miña Chaira verde e viva.
  • Os soños propios e alleos, especialmente os que descubro nos libros.
  • "Summertime" soando no meu coche nun precioso serán de outono.
Os castigados cos novos "deberes":
Chuceiros das novas xeracións:
Os que sempre nos fan rir:

26/10/2007

O problema non é...

... que haxa demasiados inmigrantes en Europa
O problema tampouco é que haxa tantos africanos arriscando o pelexo por chegar aquí. Ou tantos sudamericanos asumindo condicións laborais próximas da escravitude.
O problema é que os nosos políticos ao amparo dos intereses das grandes potencias (hoxe, bancos e petroleiras, principalmente) colonizaran e descolonizaran o hemisferio Sur dun xeito tal, que os seus poboadores sufren unha miseria e unha desesperación que bordean a loucura. E nen sequer se aveñen a limpar as nosas conciencias coa ínfima caridade do 0,7% do noso PIB.
Como nos habemos escandalizar a estas alturas das consecuencias do noso egoísmo?

21/10/2007

De certo, libres?

A orixe da nova é un exitoso e-book: Pai rico, Pai pobre. A orixe do meu post, este comentario: "Pai Rico, Pai Pobre demonstra que o problema não está entre ser empregado ou empregador, mas entre ter o controle de seu próprio destino ou entregar esse controle alguém." (O subliñado é meu).
Non lin o libro pero é un pensamento recurrente en min: ser mais ou menos libre non ten nada a ver coas posesións e persoas que teñamos ao noso dispor, senón co exercicio de decisión e responsabilidade das nosas vidas.

16/10/2007

Sangue

Non debera ter chegado o sangue ao río. Os Idus de Marzal non lle acaen ao outono. A ameaza xudicial é un recurso excesivo. U-lo sentido do humor? De verdade temos que nos tomar todo tan a serio, comezando por nós mesmos?

13/10/2007

Misións Pedagóxicas (suite & fin?)

Finalmente visitei a exposición, gustoume tanto (contidos e montaxe) que ainda estou a darlle voltas á posibilidade de mercar o catálogo completo (50,00€ e uns 3kg de sabiduría). Levei, iso si, o DVD dun dos documentos, unha reportaxe de Gonzalo Tapia realizada en 2006 para Acacia Films.
Entre as seccións de actividade das Misións (bibliotecas, cinema, etc) intereseime especialmente pola de teatro, onde se fai unha homenaxe ao "noso" Rafael Dieste, con imaxes dunha representación da "Fiestra Valdeira" en Rianxo e sobre todo coa estrea da súa compañía de monicreques que bautizou o "Retablo de Fantoches" en Malpica en 1933.
Na web non dei atopado audios relacionados, no Youtube a única referencia a Dieste é unha representación teatral na Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil).

04/10/2007

A cuestión é cuestionar

O pensamento filosófico que mais debeu influir na creación da miña personalidade coido que foi o dun profesor de lingua española en primaria e outro de álxebra na carreira. Aprendéronme a cuestionarme todo o que percebo e tentar detectar diferentes níveis de realidade.
Festas de San Froilán. Un pregón insulso e sen discordancias. Palcos, barracas, feirantes, top-manteiros, adolescentes á procura da súa primeira borracheira, consumismo, consumismo, consumismo. Cántos dos vendedores ambulantes -principalmente africanos- cearán algo quente esta noite e non, mais unha vez, un resto de churros defectuosos? Cántos durmirán ó abeiro dun coche, unha lona, pregando porque non chova?
Con todo, aldeana inxénua, déixome fascinar polos artefactos pirotécnicos desde o meu posto habitual cabo da fonte dos leóns.

01/10/2007

Púlpito

Unha das cousas que mais me botan atrás á hora de pontificar desde este blog é a sensación de impor o meu discurso desde un púlpito que me distancia dos demais. As miñas opinións non valen mais que as dos outros e na realidade estou máis cómoda discutindo con outros esmolantes ás portas do templo do saber .