04/10/2007

A cuestión é cuestionar

O pensamento filosófico que mais debeu influir na creación da miña personalidade coido que foi o dun profesor de lingua española en primaria e outro de álxebra na carreira. Aprendéronme a cuestionarme todo o que percebo e tentar detectar diferentes níveis de realidade.
Festas de San Froilán. Un pregón insulso e sen discordancias. Palcos, barracas, feirantes, top-manteiros, adolescentes á procura da súa primeira borracheira, consumismo, consumismo, consumismo. Cántos dos vendedores ambulantes -principalmente africanos- cearán algo quente esta noite e non, mais unha vez, un resto de churros defectuosos? Cántos durmirán ó abeiro dun coche, unha lona, pregando porque non chova?
Con todo, aldeana inxénua, déixome fascinar polos artefactos pirotécnicos desde o meu posto habitual cabo da fonte dos leóns.

4 comentários:

Sak disse...

Recordo cando pasaba por diante dos postos a carón do parque, a horas nas que "non había San Froilán" e vía a outra cara das festas; abofé que daba para cuestionarse moitas cousas.

Silvana disse...

Devólvoche gratamente a visita. Tamén me gusta o teu blog. Estarei asexándote. Un saúdo.

P.D. Aproveito para comentarte o asunto da crítica constructiva: son castelán-parlante, desde sempre, así que non domino como quixera a lingua galega. Prometo esforzarme máis.

Bicos.

Zerovacas disse...

Este ano non poderei ir a Lugo. Unha mágoa, encántame o San Froilán

A rapaza do arco disse...

Cando era nena esa festa era algo que me fascinaba, a típica imaxe da nena de aldea que se achega á cidade e alucina con todo o que montaron alí.
Cambiou ben o conto, nin a cidade é (tan) grande nin o San Froilán me ilusiona xa, se engadimos todo iso do que falas (que tes toda a razón do mundo e máis) realmente non queda nada, de vez en cando algún concerto bo, e este ano nin iso.