09/04/2007

Madame d'Aulnoy

Xa que a cousa ía de contos, confeso a miña sorte por ser lectora desde noviña da brillantísima rival de Perrault, a baronesa de Aulnoy, de quen a obra mais coñecida por aquí é "O paxaro azul", cunha fermosa e aguerrida princesa que terá que superar con valentía e intelixencia moitos atrancos ata resgatar ao seu pobre príncipe.

(10/03/07) Edito para mudar a imaxe xa que foi redireccionada a que escollera.

4 comentários:

Anónimo disse...

Ola! un blog realmente interesante, visitareiche con asiduidad.
Saúdos

Robert

lourixe disse...

Benvido, Robert, grazas polo comentario.

A Raíña Vermella disse...

Que debuxo mais chulo! Está claro que hai que buscar con lupa para atopar contos infantís nos que as mulleres non sexan só o obxecto a rescatar e teñan personalidade, así, tres hurras pola baronesa!!
P.D: andamos ás voltas coa blogoesmorga. Se podes mándame un mail ao correo que aparece no meu perfil e quedamos para atoparnos o sábado. Un bico;)

A rapaza do arco disse...

Como mola iso de rescatar príncipes! :D Recórdame á consigna duns autocolantes feministas que andaban por aí: Non queremos ser princesas, imos cambiar o conto (e unha nena con trenzas e ametralladora enriba do símbolo feminino). Aínda que se son princesas guerreiras, tamén está guai :p