14/04/2007

En realidade, o post é de antonte

Sen portátil -segue avariado- sigo a instalar a miña oficina ao solciño nas horas de medio día. Hoxe xantei unha bolsa de galletiñas mentres unha familia de xoaniñas facía prácticas de aterraxe na miña branca pel. Aproveitei para rematar de ler "Sons and Lovers" de D.H. Lawrence, un tema pendente que me deu moito que pensar nas relacións entre persoas baseadas na entrega e na posesión. Malia os numerosos casos dos que fun testemuña, négome a crer que as relacións humanas, nin as mais íntimas (parella, familia) se deban rexir en condicións de dependencia e propiedade. Claro que eu debo ser unha idealista libertaria!
Estatua de bronce de Sam Taylor Barnes, relativa ao noso encadeamento co noso própio pasado.

1 comentário:

rosa enriquez disse...

DH Lawrence é sempre unha boa opción. Eu lin "O amante de Lady Chaterley". Gustoume., sobre todo pola imaxe que transmite das mulleres na busca do placer e do erotismo... un bico