Coméntase moi en secreto que
a Apocalipse do Porco vai inquerir sobre as preferencias dos blogueiros canto á roupa interior (que na aldea chamamos pudorosamente "roupa de baixo"). Sempre odiei as bragas de debuxiños e os pixamas con osiños. Se ningún home de honor levaría estas horteradas, por que infantilizar a imaxe das mulleres con
braguiñas de piolín? Antes núa que con iso!
3 comentários:
Nelas, gústanme as lisas deportivas de cores escuras ou pasteis, non tanto de cores vivas. Non podo evitar certa empatía polas tradicionais brancas, con algunha transparencia, iso si. A pesar da moda que nos devora, non acabo de atopar o gusto polos celebérrimos tangas -ou bikini socialista-, se ben entendo que se poden levar con gusto, en moitos casos parécenme pretenciosos e que deixan pouco lugar á imaxinación. Con mensaxes? Nunca me detiven a lelos, desde logo ;-D
Eu, calzóns "gallumbos" (como raios se traducirá iso ao galego?) de cuarta de muslamen, pegados mais non pretos e das cores que atope, cantas máis mellor. Ollando o meu inventario vexo unha profusión de negro, moitísimo vermello, algo de azul mariño e verde, menos branco. Ultimamente ando innovando con deseños orientais e minimalistas, mais nada de horteradas estilo piolín. Maldita 2.0.
Caghiná! Vou ter que volver..... ais!
Um beijo enorme e graças polos ánimos.... prometo reflexionar a minha decisom.
(o moderno de merda)
a roupa de abaixo..... ultimamente prefiro nom levar.. desde que descobrim a maquina de barbear pube gosto da liberdade mais absoluta :D
Gho! Pois a min si que me gusta a roupa interior divertida, de debuxos (aínda que non de Piolín) e o que creo é que os tíos deerían innovar nas súas tendencias vestimentarias. E sobre todo... morte aos slips masculinos!!! Se o das bragas de Piolín infantiliza, os slips horribilizan, non hai outro nome que darlle (sinto os usuarios ofendidos, pero é que non o sufro)Eu aposto polos tíos con boxer e polas bragas (ou tangas, ou bikinis, ou o que sexa) de tódalas cores e deseños posibles, segundo como teñas o día:p
Enviar um comentário