06/10/2019

Antropoloxía na UNED

Vai para dous anos que non blogueo aquí.
Dáme preguiza comprometerme coa escrita regular. Porén non me vai quedar outra nos vindeiros meses, xa que me deu por estudar o mestrado en "Investigación Antropológica y sus Aplicaciones" que imparte a UNED
Na carreira, os campos de saber nos que máis aprendín foron as materias de historia e filosofía. En antropoloxía tiven unha grande decepción, polas altas expectativas que tiña e o pouco que se cumpliron. Quedoume a espiniña de ampliar coñecementos. En xuño solicitei a admisión na UNED, porén por canto só collen cada ano para o Máster a 8 alumnos procedentes doutras carreiras non tiña moita esperanza. Non volvín saber nada da UNED ata o 1 de outubro, que me comunicaron a aceptación da miña solicitude. As clases comezarían o 3 de outubro, e matriculeime. Agradezo que na plataforma de matrícula desen instrucións moi precisas de como solicitar bolsas do Ministerio.
O 2 de outubro chegáronme mensaxes de benvida do Reitor e do Decano, e instrucións para activar o meu correo na plataforma virtual de alumna da UNED. O día 3, comezo das clases, só un dos profesores (das 4 materias das que curso este semestre) subira contidos. Os outros fixérono o día 4, en que tamén estaban activos diferentes foros de benvida e presentación nas "comunidades virtuais" do campus e da miña facultade. Tamén me chegaron correos coas actividades do Plan de Acollida no Centro da UNED na Coruña.
Agora, en pleno San Froilán, estou a trastear para averiguar onde está cada cousa.

Entro na UNED, autentifícome e esta é a primeira pantalla:

Pincho no acceso a CURSOS VIRTUALES e aparece isto:

Entro en ALF 2019/2020 e a seguinte pantalla é a do meu perfil de estudante:

Pincho na icona da siluetiña humana con signo de admiración que me indica que teño mensaxes que ler nos foros e entro na pantalla seguinte:

Na pantalla anterior tamén tería podido escoller COMUNIDAD DE ACOGIDA e entraría en:

Que na parte inferior da páxina (fóra desta captura de pantalla) dá opcións para entrar en cursiños de familiarización coa plataforma, a través de vídeos e cuestionarios. Aí estou por agora.

1 comentário:

Xosé M. González disse...

Canto tempo, Lourixe. Cheguei hoxe acó, e aproveito: un saúdo. Andamos polo facebook desde hai unha década, ou así.