29/12/2016

Arqueoloxía dun armario

Os mobles de estilo Louis-Philippe prosperaron entre a burguesía francesa de mediados do século XIX. Estou a recompoñer un armario que leva moitas xeracións na familia.
Ao ir quitando capas de roña e engadidos vou descubrindo a estrutura de nogueira orixinal. Inicialmente debía ter tres andeis de lado a lado, coa madeira vista. A primeiros do século XX foron revestidos con papel texturado de cor parda, do que se usaba para as paredes. A mediados de século aserraronos pola metade para poñer un colgador. A finais dos anos setenta forraron de novo os andeis, cun vinilo adherente branco estampado de puntiños vermellos.

Nunha mudanza posterior perdéronse as patas. Estes últimos anos ía pousado directamente no chan, que tampouco lle acae mal. Estou eliminando os listóns e divisións interiores de madeira de abeto que lle engadiran con parafusos gordos de máis, actualmente enferruxados. Por dentro respectarei o único andel orixinal que fica enteiro, e dareille operatividade cun sistema Algot de Ikea antes de que o descataloguen.
A madeira (nogueira) non vai vernizada, hai que lle dar periodicamente unha masaxiña con cera de abella.

23/12/2016

En Provence clue #5

Another easy one, my main issue is the lack of variety: only 4 different neutrals and 4 dark purples left.


Instructions for this clue.
Link-up party.
Previous posts: clue #1, clue #2, clue #3, clue #4

17/12/2016

En Provence clue #4

This one went fast!
Previous posts: Clue #1, Clue #2, Clue #3.
This week's instructions and link-up party

An early Santa filled my mailbox yesterday:

I am now working at my own quilted Christmas tree, inspired by this pattern but with 2.5" HSTs that finish 2". It is just going to fit the living room's door. The other options were based upon strips, maybe for a cushion cover? I'm not feeling like appliquéing this year, maybe another time.


15/12/2016

Publicar

Publicar ven sendo o mesmo que facer público (procurando non poñer trabas). Iso quer dicir empregar licenzas de uso abertas e gratuitas. das que as Creative Commons son os exemplos máis coñecidos.
O contido debe ser claro do punto de vista lingüístico e tamén gráfico,
Hai tantos criterios -que non sempre concordan entre sí- para estabelecer o galego correcto!

E tantos máis...

Igual que para os libros físicos, cómpre afrouxar a carteira para a obtención do ISBN malia que aforres a necesidade de impresión do correspondente código de barras (50,00 €).

No que aínda teño moito que mellorar é no marketing, En particular, as palabras chave para o posicionamento en motores de procura, (chamados SEO polas iniciais do inglés).


14/12/2016

Productes catalans (2 versións)

Copio dous memes que me chegaron hoxe. Obviamente, de distinta procedencia malia que fagan referencia á mesma información.

Des d'ara, els productes fabricats a Catalunya tindran un número propi en els codis de barres, i proporcionaran un índex diferenciat del de la resta d'Espanya.
Recorda, dons: compra productes catalans, i així l'IVA que pagaràs es quedarà tot a Catalunya.
Codi de barres 15: Producte català
Codi de barres 84: Producte espanyol
Segons el noe Estatut, l'IVA que es genera per la venda de PRODUCTES FABRICATS A CATALUNYA és del 100% PER A LES ARQUES CATALANES.

Comparade con estoutro:

Para el que le interese. El empresario catalán Atur Carulla se declara absolutamente independentista y está encantado de que los españoles no le compren sus marcas, que son:
  • Gallina Blanca
  • El Pavo
  • Bicentury
  • Mont-Ferrant
Y si os da por la comida basura estas son sus marcas:
  • Pans & Company
  • Dehesa Santa María
  • Bocatta
  • Fresc Co
  • Pollo Campero
  • Loga das sopas
Y si teneis mascotas las marcas pro-indepenencia son las de: Affinity
Pues ya lo sabeis, cada uno que contribuya como quiera con la causa. Empresas a favor de la independencia catalana:
  • Casa Tarradellas
  • Gallina Blanca
  • Cola Cao
  • Cuétara
  • La Piara
  • Nocilla
  • Granja San Francisco
  • Phoskitos
  • Bocadelia
  • Paladín
  • Okey
  • Mesura
  • Pez
PÁSALO!! GRACIAS CATALANES POR PORNÉRNOSLO FÁCIL
CÓDIGO DE BARRAS 84 SIIIIII 15 NOOOOOO
Atencion!!!, Bosque Verde de Mercadona es Persan y esta es una empresa Andaluza (Sevilla)
Nos lo ponen bien fácil: El Código 15 la "NIÑA BONITA CATALANA"(...) Recuerda y mira bien debajo de los códigos de barras, no sea que te equivoques y compres productos catalanes, que el IVA que pagas se quedará todo en Cataluña y no contribuirán al resto de España ni siquiera con un céntimo.

Código de barras; 84 Producto español ¡¡¡OK!!!
Código de barras: 15 Producto catalán ¡¡¡Que lo compren ellos!!!



Estes memes levan circulando desde o 2010, e son falsos. En primeiro lugar, o IVE xenérase onde se faga a transacción e non onde se fabrique un produto. Se mercas no teu barrio, o supermercado aboará o IVE en función de onde esté ubicada a empresa. Os únicos que contribuirían polo tanto ás arcas catalanas son os distribuidores que mercasen directamente da fábrica. Unha distribuidora pode substituir legalmente un código de barras por outro, reetiquetando o produto. Por outra banda, a propia asociación catalana dos códigos de barras indica no seu web que isto non ten aplicación nos produtos de alimentación. Aínda máis: todos os produtos que levan o código 84 xeneran ingresos en Catalunya, xa que iso quere dicir que contrataron a etiquetaxe nunha empresa (a de códigos de barras coa licencia para o 84) cuxa sede está en Barcelona.

12/12/2016

Conservas de zamburiñas

Para a receita de canelóns (dá para uns 24 canelóns, ou sexa 4 racións) fan falta 3 latas de conservas de zamburiñas. Decidín experimentar e merquei tres marcas distintas (envasadas en Galicia, iso si: a primeira en Camariñas e as outras en Vigo).
  
Boya indica un peso neto de 111 gr, escurrido de 60 gr. Orbe indica 113 gr de peso neto e 63 gr de peso escurrido. Vigilante indica un peso neto de 115 gr e 72 gr de peso escurrido. En realidade, Boya traía 20 zamburiñas, e nas outras dúas latas viñan 12 unidades en cada, todas dun calibre similar. O prebe de Vigilante era o máis aceitoso dos tres. No futuro, xa sei por que marca me decantarei.

11/12/2016

Fariñas

Non vou falar de política.
Estou feita un lío a respecto das diferentes fariñas culinarias que hai no supermercado, xa que ningunha ven rotulada cos códigos oficiais. Finalmente decidín mercar unha de forza, con moito glute, para as masas que hai que amasar con aceite e fermento, e outra de repostería, baixa en glute (e con moito amidón) para rebozados, bechamel e masas que levedan coa calor (biscoitos).

Receita de canelóns de zamburiñas.

10/12/2016

En Provence clue #3

Previous posts: Fabric choices, clue #1, clue #2.
This week instructions.
This week link-up.
I've been using up all my purple scraps, plus some new yardage.
These are my first blocks.

04/12/2016

En Provence clue #2

Previous posts: Fabric choices, clue #1
The instructions for clue #2 were posted last Friday. These are my first 44 units.

Waiting forward to this link-up party!