Como se non tivese a axenda a botar faíscas abondas.
26/04/2016
Un espectador vulnerable (polbos nas Cíes)
No programa Efervesciencia do pasado domingo, chamoume a atención a presentación do vídeo do proxecto Cefaparques do CSIC, unha investigación sobre os cefalópodos que se explotan comercialmente no noso país. Das máis de 180 horas de filmación en alta definición, condensaron as imaxes nunha espectacular reportaxe.
23/04/2016
Bookcrossing creativo
Hoxe é o día do libro e/ou Sant Jordi.
Cadra nun soleado sábado, ideal para liberar e ir de caza.
En Carabanchel estiveron reciclando postos telefónicos avariados:
Cadra nun soleado sábado, ideal para liberar e ir de caza.
En Carabanchel estiveron reciclando postos telefónicos avariados:
17/04/2016
Libros e historia, ou historia e libros
Onte trasnoitei por mor do aniversario dun amigo, e tomámoslle a penúltima nun local ecléctico que usa como ornamentación pilas de libros vellos. Unha presada delas foran manuais escolares dun tal Rafael, estudante de bacharelato nos anos 40. Aínda estaba polo medio a chuleta dos reis godos.
Non sei se procedería da mesma biblioteca unha novela, "Las horas contadas", de Carmen de Icaza. O libro é unha primeira edición, en estado farrapento.
O interese que tiña para min é o personaxe da autora. Tiven ocasión hai anos de ler varias obras de Ángela Cenarro sobre o Auxilio Social, un modelo asistencial inspirado da Alemaña nazi. Carmen de Icaza foi Secretaria Xeral desta institución de caridade falanxista durante 18 anos, e presidía a súa Oficina Central de Propaganda. Dela partiu a orde de que nunca se entregase un bolo de pan sequera sen que un fotógrafo retratase a acción. Sabía que o importante non era facer o ben, senon levar o mérito. Política que por certo segue vixente entre salvapatrias de todas as cores. A Carmen de Icaza valeulle numerosas recompensas do réxime de Franco, incluido o título de baronesa.
Subscrever:
Mensagens (Atom)