Non sei se procedería da mesma biblioteca unha novela, "Las horas contadas", de Carmen de Icaza. O libro é unha primeira edición, en estado farrapento.
O interese que tiña para min é o personaxe da autora. Tiven ocasión hai anos de ler varias obras de Ángela Cenarro sobre o Auxilio Social, un modelo asistencial inspirado da Alemaña nazi. Carmen de Icaza foi Secretaria Xeral desta institución de caridade falanxista durante 18 anos, e presidía a súa Oficina Central de Propaganda. Dela partiu a orde de que nunca se entregase un bolo de pan sequera sen que un fotógrafo retratase a acción. Sabía que o importante non era facer o ben, senon levar o mérito. Política que por certo segue vixente entre salvapatrias de todas as cores. A Carmen de Icaza valeulle numerosas recompensas do réxime de Franco, incluido o título de baronesa.
Sem comentários:
Enviar um comentário