02/06/2009

Reglas e trampas

O Sin-Chan é un rapaz de 5 anos que se imita moito ao seu homónimo, un debuxo animado xaponés. Espelido e retranqueiro. Foi até pouco fillo único, e grande afeizoado á Play, á Game e á Wii.
Cando vén de visita gosta de xogar ao xadrez. Ao seu xeito, claro. Escolle unha cor, determina os movementos das figuras segundo o seu interese, de manera que el decote me coma fichas pero eu nunca lle poida atacar as del. Invariábel e inevitabelmente, gaña el. Sempre.
No Estado Español asentáronse no poder en alternancia dous partidos que se din antagónicos pero que no fondo defenden o mesmo sistema político e económico. Pactan normas de xogo que obrigan a todos menos a eles. Disque acordaron que nunca se habían empregar as pensións, o paro e o terrorismo como arma para a captación de votos. Tamén só poderían xogar os que rexeitasen a violencia. A violencia significa cualquer forma de opinión que non sexa a deles.
Nesta altura están a lle pedir aos nosos gandeiros, aos nosos prexubilados de estaleiros e aos parados da construción que confíen neles para resolver en Europa os nosos problemas. E aínda hai quen soña coa posibilidade de gañarmos algo no xogo.

1 comentário:

amorodo disse...

O Shin Chan -xa non digo o Harry Potter- é moito máis intelixente do que calquera político español (léase PP-PSOE, fundamentalmente)

Non eran os pupularras os que dicían -ad pompam vel ostentatione- que debería gobernar a lista máis votada? Pois en Euskadi a lista máis votada foi EAJ (tamén coñecido como Partido Nacionalista Basco), o cal non quita que o PESETOE (que goberna, ou tal di, en Catalunya -na do Sul- con ERC) vaia collido do brazo do PP en Euskadi ad mariorem gloria hispaniae.

É curioso como no xadrez político de Celtiberia ese mesmo partido, o PP, métella dobrada ó PSOE -que conseguira a maioría simple aló abaixo- e pacta con Coalición Canaria para acadar o 'goberno' guanche.

Isto si que é política virtual, de game, play e wii. Mais a xente non come nen vive de imaxes virtuais. Eis o problema que os partidos españois nunca serán quen de resolver, non porque non saiban, senón porque non lles peta, e non lles peta porque non lles cómpre.

Iso non é intelixencia, senón comenencia (Vaia papo que tes, Misae! que diría o Shin Chan)

Tan simple como iso.