13/05/2009

Campaña picheleira


Serei unha repunante, pero tería preferido que no canto de apelar a amolar a Conde Roa, os autores da campaña procurasen concienciar (-se e -nos) das dificuldades que as persoas con mobilidade reducida teñen para levar unha vida normal e autónoma, que inclúe a socialización alén da rede. Pode que o efecto publicitario fose inferior e a recadación menos espectacular, pero sería máis coherente cos fins que debe ter un Centro Social: a constitución dunha comunidade plural e solidaria.

2 comentários:

Galeguzo disse...

Claro que és repunante: como boa chairega ;)

Não nego que essas dificuldades existem, mas se a Gentalha não o acometeu antes seria polo custoso da intervenção. Também existiam outras deficiências, que a associação procurou ir solventando na campanha "Doze meses, doze cousas" (http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2007/01/10/doce_meses_doce_cousas_a_nova_campanha_d).

Graças a aportações solidárias já se lograram avanços como um sistema de aquecimento, o wi-fi, melhorar o sistema eléctrico...

A Gentalha tem a 'desgraça' de que se instalou num local que estava, literalmente, EM RUINAS. Foi todo ele feito de novo e mão de obra gratuita e solidária transformou-no no que é hoje.

A Raíña Vermella disse...

Totalmente dacordo en que o Pichel debera ter un elevador, pero o tema tamén sería cantos locais da cidade se pechan por non telo (a min ocórrenseme varios que teñen problemas semellantes) ou se se pecha o Pichel... porque é o Pichel.
Biquiños dende a nova casa ;)