Inicio esta nova serie, xa non sobre a docencia senón sobre a relación da Universidade coa sociedade.
Alén dos estudos regrados, esta institución alberga, apoia ou dá soporte a unha grande cantidade de cursos e seminarios das máis diversas temáticas. Cabe preguntarse cal é o obxetivo destes (recadatorio, curricular, de captación de subvencións) cando sistemáticamente se publicitan de xeito aleatorio, errático e ineficiente.
Sendo alumna da USC, hai algúns eventos que se me comunican por correo electrónico. Son os menos. Con ocasión dun espectáculo auspiciado pola propia universidade, adherín a unha lista de correo especial na que me informan dalgunhas actividades culturais do Campus de Lugo. Con todo, aínda hai moitas conferencias, cursos ou seminarios dos que a información me chega a posteriori.
Fala Xosé Manuel González dun muro nas Pedreiras. Se os que en teoría estamos vencellados á universidade somos tan alleos ao que sucede nela, que será do resto da cidadanía, conscientemente apartada do privilexio da información!