Xa non é só o contido -que tamén. Que pouca preocupación pola lingua se detecta en certos textos e autores! Cabería pensar que quen vai confiar ao prelo (e á crítica dun elevado número de lectores) unha obra con pretensións de calidade, ten un mínimo interese por expresarse do mellor xeito posíbel. Isto non debería
orixinar debate ningún. A que creto pode senón aspirar un escritor? Debe ser mestre das súas palabras como se lle imaxina mestre das súas historias, non é? Aí é onde demostra o seu respecto polo idioma que o fai ser quen é, e polos futuros receptores da súa mensaxe.
1 comentário:
concordo até a última vírgula.beijos.
Enviar um comentário