Na semana das Letras (Galegas, enténdase) hai quen redixe voluntariosos manifestos, algún escéptico que os critica, a anécdota simpática, o lamento anti-musealización institucional, a opinión práctica... unha supermanifa...Normalizar unha lingua consiste en facer do seu uso algo habitual, natural, cotiá. Nin unha expresión de rebeldía nin unha homenaxe patriótica. Unha ferramenta de comunicación. E iso esixe un esforzo constante por mellorar o dominio que temos dela, día a día. Con sorte, como no meu caso, cun profesor particular de galego correcto.


