O meu pai morreu o venres, no bus que o levaba ao aeroporto de Lavacolla para marchar de vacacións coa muller que amaba. Tiña un sopro* no corazón e sabía que cando se fose sería así, sen avisar. Pero non contaba con que fose tan cedo, cando estaba a refacer a súa vida: levaba un ano prexubilado, hai menos dun mes que mercara coche e estaba facendo obras na casa da aldea. Aínda está sen desempaquetar a lavadora nova que lle trouxeron o martes.
*Edito: por corrección científica a dolencia chámase bradicardia
43 comentários:
Unha fortísima aperta. Somos moitos os que lembraremos pola súa bondade, xnerosa entrega e agarimosa amizade.
Acompáñote no sentimento
apertas dun chuzeiro.
Pitre.
Síntoo moitísimo. Perder un ser querido é sempre unha experiencia terríbel. Ánimo.
Unha aperta, e moitos ánimos.
Outro bico
Unha forte aperta lou. Acompáñote no sentimento. Ánimo.
Unha grandísima aperta, querida amiga. A memoria de teu pai quedará no corazón de todos os que o coñeceron.
Unha aperta grande. Síntoo moito.
Lourixe, unha aperta que chega alende o Atlántico. Chega tarde e cun recendo a outono, pero non perdeu na viaxe todo o agarimo que tiña como misión deixarte. Sintoo moito.
Lamento moito o falecemento do teu pai. Eu coñecíao de cando viñas ás nosas roldas de prensa e das campañas electorais.
Moito ánimo e un bico.
Recibe unha forte aperta. Moito animo.
Unha fonda aperta. Chamabame para saber do que pasaba onde traballo, o que el non soubera, claro, porque sabia case todo. Aprezado, moi aprezado, este viaxeiro Diaz. Unha aperta sentida ao lonxe
Sinto-o Lourixe
Moito ánimo e unha aperta, moita xente hoxe lembrou ao teu pai coma un bo home.
Unha aperta ben fonda.
Amiga Lourixe: vostede é das persoas que fan que paga a pena asomarse de cando en vez á rede. Penso que debe ser tamén das persoas que fan que paque a pena achegarse a un bar, ter amigo ou, simplemente, vivir.
So por iso sei que o seu pai debía ser un grande home. Un home que estará para sempre -se non no ceo, no que non creo- si en vostede e nos seus actos.
Saúdos, e desculpen por meterme nun pranto privado.
Son moitos os correos que gardo e gardarei sempre igual que a lembranza do voso pai,unha das mellores persoas que teño coñecido.Unha aperta.
Unha aperta mais.
Cando queiras xa sabes onde estou.
Recibo agora a noticia.
Saiban vostede, e toda a súa familia, que a súa dor é a miña.
Almiral Mouchez
Sïntoo moito.
únome ás apertas e mándolle un :*
Paréceme de pésimo gusto converter a morte dun ser amado nun reality show. Se eu tivese unha filla como ti me morrería de pena ou de noxo. Se realmente querías ao teu pai, chora na intimidade, non o convertas nun espectáculo digno de Tele 5.
As túas ansias de notoriedade compulsivas utilízaas en algo máis decente.
O anónimo anterior é un curioso exemplo para a análise siquiátrica. ¿Que impulsa a unha persoa para tentar ferir desta maneira? ¿Que ten na cabeza? ¿Simple insonsciencia ou maldade?
Eu não conhecia ao teu pai, mas lia muitas vezes a revista Irímia e conheço várias pessoas do movimento. Um forte abraço e sinto muito.
Sinto-cho Lourixe.
Umha aperta e muitos ánimos
Lamento moito a perda de Agustín.Apredín moito del. Cando non había unha enciclopedia a man e aínda non chegara Wikipedia, estaba él.Acompañote no sentimento.
O indivíduo do comentário anónimo fica bem retratado, porque de tão covarde já nem o seu nome põe, ser miserável.
Abraços chairegos, Lourixe.
Unha lembranza tan fermosa e tan fonda nunca poderá ser luxada pola ruindade de ningún malvado anónimo, nunca. Unha forte aperta: que saibas, Lou, que somos moitos os que te aprezamos e te temos no recordo nestes momentos.
Reitero aquí o meu pésame, cunha fonda aperta, que xa manifestei cun post no meu blog. O teu pai era, no pouco que o puiden coñecer, unha excelente persoa. Tiña dereito, seguro, a refacer a súa vida e gozar uns cantos máis, pero a morte é así, caprichosa, absurda, traidora...
(Para o Anónimo babeco que interviu antes, certas opinións como a súa, que non dan máis de si, é mellor calalas para non facer dano nin o ridículo. Mellor que cale, sobre todo nestes momentos de dor).
De venres a domingo estivemos buscando unha chea de xente nas Ribeiras do Lea ao periodista Agustín Diaz Blanco. Si alguén o atopa, que avise. Non é que se perdera -é dos poucos que saben dos camiños que non veñen nos mapas- é por nós, somos nós os que andamos perdidos, quen precisamos del...
Mónica, me enteré ayer de la noticia hablando con Miguel. Lo siento de veras.
Un fuerte abrazo para tí y para tus hermanos.
(Siento no poder expresarme en Galego para comentar).
Unha aperta moi forte, ánimo.
Ante a imposibilidade de responder individualmente cada unha das mensaxes, permitídeme que mande un agradecemento xeral a todos os que me manifestaron o seu cariño e pesar polo pasamento do meu pai. Bicos mil.
Canto ao "anónimo", se cadra non é consciente de que un blog é un espazo no que o autor expresa os seus pensamentos e os seus sentimentos. Claro que para iso hai que os ter.
Chego tarde pero de todos modos envíoche unha grande aperta e moito ánimo.
Pois cain aqui de casualidade seguindo un meme e non sabía que eras ti, lourixe si me soaba de cando andaba por chuza. Sinto moito que tiveras que dar a última nova que un quixera publicar nun blog. unha forte aperta que espero que che chegue á chaira
Este mesmo post, publicado polo medio dixital máis insospeitado.
Levo umha semana desligado de internet, e soubem hoje da triste nova. Sinto-cho, um beijo,vale?
Entérome tarde da noticia, e atopo máis tarde esta tribuna na que expresar as miñas condolencias, porque se trata de compartir a doenza de quedar sen un colega íntegro e loitador, dos vellos tempos sen liberdade. Desde a miña distancia andaluza perdera o contacto, pero non perdín o afecto por un vello amigo.
Comparto a túa pena, Lourixe. Un bico.
Soy Alfredo, sobrino y ahijado de Agustín. Es difícil expresarse por este medio, pero quería mandar una vez más besos a Mónica y un abrazo al resto de los que comentan aquí. En cuanto a ese anonimo, además de muchas cosas que se me ocurriría decir, sólo sé, con seguridad, que jamás se le ha muerto un ser querido, si no entendenria perfectamente todo esto.
Moi bonito o cariño que me envía Ictioscopio.
saúdos, chuliña,
Sempre mantiveches o sorriso nos beizos, non o perdas nunca
joao ourense
Unha aperta sincera neste momento de dor para vostede e os seus achegados. Aínda que tarde, envíolles desexos de fortaleza para reconducir ese amor inmenso que lle temos a aquel ser querido que se nos vai sempre antes de tempo.
Enviar um comentário