11/03/2008

Agasallos


Outro meme blogomilleiro: os peores agasallos que nos teñan feito. Nace nunha illa de esperanza de liberdade, pasa por un taboleiro de colorada soberana, e finca na chaira procurando as miñas aletargadas neuronas.
Remexendo as lembranzas, vexo na obriga de confesar (vaia feminista estou feita!) que os peores crimes -en termos de agasallos- proceden das femias da parentela. A avó que teimaba en tecer enooooormes xerseis (duros de vez: aínda uso algún, dándolle varias voltas ás mangas, para pasear polo monte asustando aos cochos). Ou, moito peor (porque é unha maré que non cesa): os libros de autoaxuda, procedentes das novas xeracións. Menos mal que está o bookcrossing para lles procurar un destino mellor que o meu desprezo.
Seguro que o demo da quántica, o señor das tertulias culturetas e a miña froita dóce tamén poden partillar experiencias estarrecedoras...

2 comentários:

A Raíña Vermella disse...

O peor con moito é o dos libros de autoaxuda (?) Coido que es a persoa do mundo que menos precisa que lle digan como autoaxudarse. Un bico.

A rapaza do arco disse...

É o que teñen as avoas e as nais que teñen medo de que che quede pequeno e cho fan ou mercan todo para as medras. O dos libros de autoaxuda xa non sei se ten algunha xustificación :D