10/01/2008

Propiedade responsábel


Sobre a propiedade absoluta é un interesante artigo sobre a filosofía do "todo vale" nesta terriña nosa, e en particular no caso das comunidades de montes.
Fíxome reflexionar sobre a responsabilidade que temos para coas cousas que en teoría posuímos, tanto animadas como inanimadas, sobre a nosa conciencia e preocupación acerca do seu benestar e mantemento. O que fagamos delas pode ser legal e non ser lexítimo. Na miña terra viviron moitas xeracións humanas e animais, é o meu dereito disfrutala e o meu deber conservala para os que veñan despois. Valados, sebes e cancelas non son quen de deter o tempo.

4 comentários:

Anónimo disse...

A terra non é do ser humano. É o ser humano quen pertence á terra.

A Raíña Vermella disse...

Non sei moito sobre montes comunais, nacín enraizada xa en asfalto (e despois transplanteime a pedra, pero de monte, nada de nada)pero semella lóxico o que se expón no artigo.Como podes ser propietario dalgo que existía moito antes ca ti e seguirá existindo (agardemos) moito despois?

Zerovacas disse...

"legal e non lexítimo". Cómpre reflexionar sobre este concepto. Temos unha responsabilidade sobre a terra, sobre toda a terra. Por moito que teña un propietario

Chousa da Alcandra disse...

Lexitimidade e legalidade, certamente, non sempre van xunguidas.

Saúdos dende a Chousa para a Chaira