26/10/2007

O problema non é...

... que haxa demasiados inmigrantes en Europa
O problema tampouco é que haxa tantos africanos arriscando o pelexo por chegar aquí. Ou tantos sudamericanos asumindo condicións laborais próximas da escravitude.
O problema é que os nosos políticos ao amparo dos intereses das grandes potencias (hoxe, bancos e petroleiras, principalmente) colonizaran e descolonizaran o hemisferio Sur dun xeito tal, que os seus poboadores sufren unha miseria e unha desesperación que bordean a loucura. E nen sequer se aveñen a limpar as nosas conciencias coa ínfima caridade do 0,7% do noso PIB.
Como nos habemos escandalizar a estas alturas das consecuencias do noso egoísmo?

3 comentários:

Mararía disse...

A deches ben dada, ese é o verdadeiro problema. Hai que facer a grande reflexión e asumi-la nosa responsabilidade.

Dividimos as fronteiras o noso antoxo sin ter en conta as diferencias culturais, relixiosas, ... ... ah, pero non é nosa a culpa, a grande Europa, ...

Un saúdo

Mario disse...

Concordo completamente. O terceiro mundo debera estar a recibir indemnizacións, e non esmola.

Zerovacas disse...

Meme!!! Tes un encargo: "o meme das 8 cousas" (as instrucións, no de besbe http://beliscospequenos.blogspot.com/2007/10/o-meme-das-8-cousas.html), e a encomenda, aquí http://zerovacas.blogspot.com/2007/10/8-tangos.html