Hai que ver como tragan! Xa se lles están a endurecer as encías, pesan mais dun kilo e comezan a explorar o mundo que os rodea. Para a semana dareilles a probar alimentos sólidos. Sinto non poder ofrecer unha foto con mais definición, mais non paran (e o rabiño menos!).
7 comentários:
Aii que lindo!!! é unha gozada cando son asi de pequeniños!! fai que me acorde da miña, cando era así :P
Xa teñen familias adoptivas?
Saúdos!
A min estas cousas danme moita envexa :) porque aínda que teño gatos, cans e demais fauna, non son nada "mascotizábeis". Como non os educamos de pequeniños agora tamén andan ao seu aire. E ás veces gostaría de que se volvesen cativos outra vez, nesa etapa na que che roen na roupa e non paran. Así como o teu, que é super curriño :)
Moi chulo o teu can lourixe. Encántame. Eu non teño sitio na casa para meter un canciño e, a verdade, non son moito de mascotas pero recoñezo que é xenial cando te reciben todos contento ao verte. Por certo, a foto non está mal. Un bico (valdeorosa-rosa)
Moito mola cando chegas á casa e veñen recibirte movendo o rabo e dando chimpos, como se fóse o mellor que lles pasase no día.
Que sigan medrando e non sexan moi peleóns.
Envexa, envexa... que riquiños son!
De pequenos son unha delicia. Desfrutao !!.
Quen me dera poder ter un deses na casa.
Enviar um comentário