08/03/2007

todas nós


Non sei certo quen lembrar hoxe: as traballadoras oprimidas, as traballadoras valoradas, as traballadoras contratadas, as traballadoras autónomas, as traballadoras invisíbeis... O dereito a un traballo xusto e remunerado nas mesmas condicións que calquer outra persoa independentemente do sexo paréceme tan obvio que non concibo como no primeiro mundo ainda sexa unha reivindicación necesaria. Pois é.
A miña sentida homenaxe á siña Angelita da Barcia, traballadora incansábel aos seus 84 anos.

3 comentários:

Mario disse...

Lembrar sempre ás que loitaron, aínda sen decatarse, para que tod@s fosemos máis libres (e o que queda por dacer).
Graciñas polas ligazóns (aínda que o apartado "blogs culturetas...." paréceme un exceso. Un saúdo.

lourixe disse...

Non tomes a mal o adxetivo "cultureta", Mario, é un cumprimento que vos fago aos que mais me enriquecedes. Grazas.

Gaceta disse...

Súmome á sentida homenaxe de Lourixe ás mulleres da nosa vida.
Léndote non podo evitar lembrar a miña avoa. Ao longo da súa vida foi ferreira, redeira, agricultora e nai amantísima. Con oitenta e pico anos segue "escapando do médico" (como sempre di) para meterse a día de hoxe nas hortas dos seus sacho en ristre. E exercendo agora de nai amantísima cos seus netos, de conselleira vital, laboral e mesmo sentimental.
O meu sentido agradecemento a todas vós, heroínas no silencio.