09/03/2007

os que se foron, os que se van (2)


Outros que non volverán... Porque seguen aquí. Xente coma nós, con familias, con proxectos para as súas vidas e para o noso país aos que a barbarie fascista non permitiu nin a fuxida cara o exilio. Pero o feito de eles viviren e morreren constitúe un chanzo mais na nosa identidade como pobo, como nación. (Visto en Brétemas).

Edito 10/03/07: ningún xornal galego recolleu o acto. Só atopei a crónica en El País!

1 comentário:

Mario disse...

Nunca acabamos de lembralos, e tanto silencio por riba. Eu participei hai meses nun acto similar e o máis emotivo era ver os velliños e velliñas, puño en alto, chorando e poñendo flores no sitio onde hai setenta anos lles mataran un irmao, ou un mozo. Un non terma do sangue ante cousas así.