29/03/2007

Expectativas

Pasadas as primeiras 24h, pesados, lavados e mantidos. Os cadeliños teñen moitas semellanzas coa camada anterior (hai 2 anos). As fotos son dunha cria de 2 meses e doutra que gardei, agora adulta.

10 comentários:

Natyara disse...

Realmente preciosos! coidaos moiro e disfruta deles mentres os teñas.
Saúdos

torredebabel disse...

a vida na sua mellor cara: a de dar vida. Fermosas fotos, si

Spaviladiyo disse...

Quero un, quero un, quero un, quero un!!!!!!!

Qué riquiños!!! :)

tebras disse...

Unha gran aperta prá miña chairega preferida. Bicos, rula.

lourixe disse...

Con iso conto, natyara! O malo é collerlles cariño e despois desfacerse deles (agasallalos). Grazas tamén a torredebabel e tebras (a quen, de momento, non dou ubicado, será a falta de sono por pasar as noites espreitando á familia lactante). Spav, se o dis en serio conta co que mais che guste. Pero advirto que polo seu caracter de pastores son cans que precisan de espazo para correr, non os recomendo se vives nun piso.

Spaviladiyo disse...

Jus :,( e que ese é precisamente o problema, estíbenlle a preguntar ós meus pais e non queren máis cans, e no piso de estudiantes non me deixan meter mascotas :(

A Raíña Vermella disse...

Pero que riquiños! A miña nena interior (que nunca tivo can) quere un, pero a miña adulta exterior, que vive nun micro-piso de alugueiro, non lle deixa. Que terrible, acabar sendo a túa propia nai:(

O pastor eléctrico disse...

Que riquiños, eu tamén gosto dos cans pastores. A miña chámase Lía, é unha Border Collie.

lourixe disse...

Raiña Vermella, o de ser a tua propia mai non o digas nin en broma! Non quero avellentar asi! Sexamos "xuventude responsable", moito mellor! Pastor Electrico, grazas polos parabens. Eu non bauticei as criaturas, nunca o fago para non lles coller demasiado apego, xa lles daran nome as suas familias definitivas.

R.R. disse...

Ah, si, xuventude reponsable, iso sóame, creo que é algo así como ser a túa nai e mailo teu pai.

Como molan os cadeliños, eu como son responsable non quero bichos; levo disgustos ata cando ó do viciño lle dá un tantarantán un coche, así que se chego a ter un na casa boto o día chorando porque mordeu unha pedra, pinchou unha pata ou se esfurricou irremediablemente, nonnonnnon, cans non...

Sorte con eles.