17/05/2017

Fachada Praterías

No extremo sur do transepto da catedral de Santiago atopamos esta portada románica cara a praza do mesmo nome. A iconografía que describe Aimery Picaud no Codex Calixtinus non correponde exactamente co aspecto actual, polas modificacións sufridas dende a costrución. Atribúese a obra ao mestre Estevo e dous artistas máis que terían colaborado tamén en San Isidoro de León.




  • Datación: Antonio López Ferreiro transcribe Era MCXVI (1078) pero Gómex Moreno le Era MCXLI (1103) máis acorde coa construción do transepto.
  • Timpano dereito: 1) Traición de Xudas; 2) Pilatos lavando as mans ou Xesús coa coroa de espiñas; 3) Flaxelación; 4) Camiño do Calvario; 5) Epifanía
  • Tímpano esquerdo: 6) Cristo entre dous anxos que o bendín con incensarios; 7) As 3 tentacións do demo en forma de mono con ás; 8) A muller adúltera; 9) bustos de santos; 10) enfrentamentos de leóns (loita contra o pecado?)
  • 11) cabezas de león
  • Xambas: 12) Santo André; 13) Moisés; 14) Apóstolo sen identificar ou Aarón; 15) muller cun león procedente da portada do Paraíso, igual que as imaxes dos lateraises que representan 16) Rei David e 17) Sacrificio de Isaac
  • Parte central: 18) Anagrama de Cristo (Alfa-Omega); 19) Agar escrava de Abraham ou Moisés?; 20) Abraham saíndo da tumba (parte da Transfiguracion) entre anxos trompeteiros
  • Columnas (son 11 en total): na central 21) hai 12 personaxes con libros que poderían ser os profetas menores; por riba deles anxos e pombas; distribuidas de forma similar están as figuras dos Apóstolos nas outras dúas columnas de mármore 22) e 23). As outras 8 columnas son monolitos de granito, algunhas lisas e outras con ornamentos florais entre espirais. 
  • Friso superior: 24) Santiago entre cipreses; 25) Cristo; 26) Profetas procedentes do coro pétreo; 27) San Xoan; 28) Anxo sobre un animal e parella de figuras (Anunciación?); 29) grupo de apóstolos; 30) Outro grupo de apóstolos?; 31) Expulsión do Paraíso procedente da fachada Norte; 32) San Mateo; 33) Apóstolo; 34) Centauro do Zodíaco procedente da fachada Norte; 35) Santo André; 36) Virxe co neno; 37) grupo de apóstolos; 38) Serea=Piscis do Zodíaco; 39) Santos sen identificar