15/06/2015

Ofrendas lucenses


Quen defende "unha tradición centenaria que nos unifica como pobo" son os mesmos que negan  a nosa identidade como nación. Pero imaxinemos que certamente os galegos e galegas tivésemos unha obriga ritual coa catedral de Lugo.

 A Ofrenda ante o Sacramento de Lugo é un acto de vasalaxe, propio do contexto no que se fundou. Baséase nunha promesa de obediencia a cambio de protección.

O alcalde que presenta a ofrenda faino como delegado rexio. Poderíase aducir que o primeiro que se safa do seu deber ante a Igrexa é o rei de Galiza (nesta altura, algún borbónido). Suponse que no seu lugar interveñen os representantes do Reino. Se ben no século XVII estes eran os rexedores das sete capitais, segundo a lexislación actualmente en vigor esas competencias tenas o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo. Outro que se "escaquea". Pero o langrán/herexe é Martiño Noriega.

Canto ao argumento da antigüidade do compromiso (uns centos de anos), vou reivindicar unha tradición milenaria. Desde a fundación de Lucus, o oferente ante os deuses no nome da cidadadanía era o Pontifex. O significado etimolóxico dese título é o "construtor de pontes". Ese alto cargo político e relixioso era o responsable da dirección dos rituais orientados a obteren o favor dos deuses para o pobo.

Non me negarán que, consecuentemente, a portavocía relixiosa lle corresponde a Pepiño Blanco.

Sem comentários: