Combinei estas tres receitas:
http://www.recetatartadequeso.com/TartaDeQueso/TartaDeQuesoConMembrillo/TartaDeQuesoConMembrillo.html
http://sevilla.abc.es/tusrecetas/recetas/andalucia/tarta-de-queso-con-membrillo.html
http://elnidodemamagallina.blogspot.com.es/2012/06/tarta-de-queso-y-membrillo.html
O molde era enorme, así que fixen unha cantidade grande. Puxen papel film entre as paredes e o fondo desmontable. Gastei case 200 gr de galletas e 100 de manteiga para o crocant do fondo. Para outra vez, moereinas máis e así precisarei de menos cantidade (quedoume un grosor de algo máis de 0,5 cm). Quedou uns minutos no conxelador mentres preparaba a crema.
Usei 4 follas de xelatina disoltas nun vaso de auga fervendo, 400 ml de nata, 400 gr de queixo de untar e 4 culleradas grandes de azucre. Debería ter aumentado algo a proporción de xelatina: a masa quedou cremosa pero podería estar algo máis callada ao final. Engadín uns anaquiños de noz sobre o fondo, que ao botar a crema aínda en estado líquido saíron a flote. Enchín o molde até os bordes o que foi algo arriscado para trasladalo á neveira mentres a masa aínda estaba líquida.
Derretín nun cazo uns 400 gr de marmelo caseiro (en realidade, dóce de marmelo, pera e mazá) e deiteino por riba da torta unha vez callada.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de froitos vermello que é algo máis aceda.
O resultado foi moi saboroso pero para o meu padal, dóce de máis. Para
outra vez botarei menos marmelo ou, no canto deste, usarei a xalea de
froitos vermello que é algo máis aceda. A foto que saquei da torta está borrosa, pero non a podo repetir porque non quedou nin unha faragulla.
Sem comentários:
Enviar um comentário