Falta pouco para chegarmos á vila mariñeira de Muros, co seu porto e as estreitas rúas que soben cara a igrexa de San Pedro. Levamos xa hora e media de coche, é tempo de dar un paseo.
De Muros a Fisterra seguramente faremos algunha parada, se cadra en Louro, Carnota ou o Pindo.
En Fisterra cómpre pasear polo peirao (hai un tasco enxebre no que non desboto tomar un bocadillo de luras) e camiñar até o faro.
Segundo como se presenta o día (meteoroloxicamente falando), hai dous percorridos que me gustan para seguir un tramo da costa. Un deles sae de Fisterra pola praia do Rostro, Lires, Nemiña, Touriñán, a punta da Voutra e Muxía. Hai unha pista asfaltada. O outro percorrido consistiría en ir de Muxía a Camelle por Camariñas, Cabo Vilán, Cemiterio dos Ingleses, Praia do Trece e Arou. Aínda e máis enxebre, pero hai dez anos que non vou e a pista que lembro non estaba asfaltada.Nesta altura do ano, o lusco-fusco comeza ás 6:00 da tarde, así que daría tempo a ver pouco máis.
Sem comentários:
Enviar um comentário