26/03/2013
14/03/2013
Manifestos
A favor dun medio rural galego vivo, e por un aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos.
Amén.
Amén.
09/03/2013
Pesos a peseta
Cando era estudante, non lonxe do campus había unha cabina de teléfonos algo especial. Cando a primeira moeda que introducías era un peso (5 pesetas das de antes, para os que naceron co euro), calquera outra moeda que meteses posteriormente quedaba rexistrada pero era devolta polo aparato. Poñamos por caso, insertabas primeiro un peso e despois cen pesetas, devolvíache a moeda de cen pero marcaba cento cinco.
As reas para chamar desde alí eran bastante impresionantes. As fins de semana usábamola sobre todo galegos e canarios, os que tiñamos peores comunicacións para volvermos coa familia por un par de días.
Sempre tiven curiosidade por saber por que a compañía non detectou a anomalía, tendo en conta que ao retirar a caixa dos cartos non debían deixar de notar que só tivese moedas de peso.
As conciencias dos usuarios quedaban confortadas co pensamento que, tendo en conta os moitos cartos que esas máquinas comían polo concepto de redondeo e non devolución das voltas, era de xustiza que por unha vez a tecnoloxía estivese ao noso favor.
Por iso eu son das poucas que non vou rir da credulidade dos canarios.

07/03/2013
A Xunta e Microsoft
A Xunta gastará en licenzas de Microsoft ata 1,9 millóns ao ano, o que non dí a nova é que habemos de ter que gastar os cidadáns en software propietario para acceder aos servizos da administración.
06/03/2013
Os camiños, patrimonio material e inmaterial
Carlos Nárdiz, nunhas xornadas do Consello da Cultura Galega en Compostela. El fixérame descubrir a conexión entre monumentos megalíticos e camiños. E é que existe toda
unha rede de vías megalíticas que percorre o país. Cada civilización
tivo un xeito de ocupar o territorio, e nesta época concreta
transitábase polas penechairas. Entón canto camiñamos polas partes altas
de Galicia atopamos dolmens e túmulos que están aí porque previo a eles
existía un camiño que percorría o territorio.
Máis unha razón para poñer as botas e andar, como foi proposto noutra volta. E culturizarse.
Editado para engadir as rutas homologadas e do románico por #lamejorprovincia.
Máis unha razón para poñer as botas e andar, como foi proposto noutra volta. E culturizarse.
Editado para engadir as rutas homologadas e do románico por #lamejorprovincia.
04/03/2013
O mercado da lectura
Xa noutro post publiquei información sobre a trampa dos "autores Amazon". O caso é que aumenta o número de lectores no estado español, segundo os datos publicados pola Federación do Gremio de Editores, sobre todo os que baixan gratuitamente as súas lecturas de internet.
Un dato significativo é que o 47,8% dos lectores le en dous idiomas ou máis; un 61,6% dos lectores galegos le tamén en galego. A porcentaxe de lectores en Galicia (39,0%) é menor que a estatal (40,3%) pero a media de libros mercados é superior (10,7% fronte a 9,1%).
Edito para engadir o informe do INE sobre a edición no Estado Español no 2012.

Subscrever:
Mensagens (Atom)