28/12/2012

Internet rural... daquela maneira

Está a me quedar curto o pincho USB para me conectar. Disque a Xunta subvenciona a 6 empresas autorizadas con 500 € por cada nova alta que consigan. Pero os usuarios non temos ningún beneficio adicional.

  • Duoteleco desde 39,90 (+IVE) por 8/2 Mbps hasta 8 GB
  • Eurona desde 33.90 (+IVE) por 8/2 Mbps hasta 8 GB
  • Intermax básico desde 35,90 € (IVE inc) por 2 Mbps de velocidade sen límite de descarga
  • Internetrural.eu desde 29,90 (+IVE) por 8/2 Mbps con límite que non consta na publicidade
  • Tripla desde 19,90 (+ IVE), sen máis datos no seu web
  • Quantis básico desde 25,00 (+ IVE) por 2 Mbps sen límite de descarga
EDITO: disque agora a Deputación vaise meter na lea.

15/12/2012

Four Horsemen

Hoxe, na canle Odisea, vin unha parte da reportaxe traducida como "Los cuatro jinetes del Apocalipsis", unha denuncia sobre o significado da crise por parte de 23 expertos entre os que están Stiglitz, Chomsky, etc.
Eis o trailer (en inglés):