23/03/2010

Facebook non, para que?

Por moito que me spameen "amigos", resístome a ter un perfil en Facebook. Unha escravitude social máis: saír certos días, a certos locais, cun estilo de música determinado e consumicións recoñecidas. Non me gusta trasnoitar, as conversas afogadas en whisky de garrafón contra chunga-chunga a 100 decibelios son tempo perdido. Relacionarse, si: pero eu decido como, cando e con quen.
A rivalidade polo máximo número de amigos declarados en Facebook lémbrame a ansiedade dos meus veciños do rural por ter un enterro multitudinario, como indicador do prestixio persoal acadado. Hai certa perversión en procurar xente do pasado da que se perdeu o contacto: na vida, como na memoria, temos que filtrar e facer limpeza.
Algún día hei desenvolver este tema algo máis. Polo de hoxe, vai como vai. Partiu!

3 comentários:

petitejolie disse...

Estarei atenta ao desenvolvemento dese tema, unha que sempre tira de morriña e tes razón, para que?

Anónimo disse...

Já fugiste de Arroutadas, corajosa Lourixe? Já abandonaste o "castrapo" reintegrado e voltaste ao galego padrão? O mundo cibernético fica melhor sem ti.

amorodo disse...

O/a interviniente que me precede é um(a) palerma. Só diz asneiras.