22/09/2008
Porra das autonómicas
De Eurovisión xa non fai graza nin o especáculo. O seu único interese está en apostar polos votos que as relacións de amizade/conveniencia condicionan entre os países.
Ás vindeiras eleccións autonómicas pásalles algo similar. Iniciemos a porra dos medios (as cifras correspóndense a escanos do PP, PSOE e BNG no parlamentiño, segundo cada enquisa). A composición actual é 37-25-13.
FDV, 20/08/08: 33-27-15
LVG, 14/09/08: 35-26-14
LRZ, 22/09/08: 36-24-15
edito para engadir:
GZnacion, 03/10/08: 31/33-27/29-16/17
ANT, 12/12/08: 20,9%-24,4%-12,3%
LRZ, 18/01/09: 35/37-24/25-14/15
Xornal, 18/01/09: 33/34-25/26-16
a3, 21/01/09: 35/36-26/27-13
LVG, 25/01/09: 35-26-14
LRG, 01/02/09: 37/38-25/26-11/13
Público, 02/02/09: 35/36-25/26-13/15
Xornal, 08/02/09: 34/35-24/25-16
.pdf do CIF, 12/02/09: 35/36-27-12/13
Ser, 12/02/09: 34/36-25/27-14
Xornal, 15/02/09: 35-24-16
LRZ, 16/02/09: 35/37-24/26-14
e porras nos comentarios, chíos e wiki de Chuza!
E non podo evitar engadir estoutra imaxe, xenial creación do amigo Maceirax:
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Aí vai, PP 36, PSOE 24, BNG 14, PG 1
por que non facemos unha porra sobre CANDO serán finalmente as autonómicas? eu xa escoitei que podían atrasarse-adiantarse a xuño e facelas coincidir coas europeas... será verdade? :D
Veña. Imos facer a porriña
PP.- 34
PSdeG.- 25
BNG.- 16
Hai que ser optimista
Iso do "parlamentiño" quedará moi ben e moi radical e moita hostia, pero a min esta linguaxe de patacón paréceme un erro e ben grave. Non nos rimos tanto dos "concelliños" que son ben mais españolizadores e corruptos, nen facemos piadiñas sobre "Españiña", nen moito menos de partidiños, capeliñas, leiriñas, e demais merdiña. Para ser un Parlamentiño xestiona billóns de pesetas, como que é a primeira empresa do país, SERGAS e compañía, e para ser un Parlamentiño ten bastantes competencias. Por favor, as cousas que se demostren nos feitos, que falar non ten cancelas. O PSOE vai baixar, e estaria ben que o BNG subir, claro que igual tamén como é un partidiño pois mellor que baixe e que goberne o PP con UPyD.
Alema, para a porra sobre as datas podes usar o teu blog, que para iso o tés.
Nestes Chantos emprego un ton informal que non creo irrespetuoso. Non sei de onde sacou o último anónimo que trato de xeito máis reverencioso os concellos ou outras institucións estatais que o Parlamento de Gz. Un exemplo.
Para o anónimo: vexo que ti es desa clase de xente que só se dedica a insultar, así que vou pasando a outra cousa.
A miña aposta é:
PP - perde cinco.
PSOE - gaña o que perde o PP.
BNG - queda como estaba.
Outros - Auga.
Asdo. AMORODO
Enviar um comentário