06/06/2008

Mulleres de carne e letras

O blog de Caneiro e a súa Bovary fanme lembrar á que para min foi máis impactante (alén que un século máis vella) Princesse de Clèves e a elaborada personaxe con conflito razón-emoción-imaxe pública. E así como quen non quere a cousa chego a este comentario de Estíbaliz Espinosa con quen estou en desacordo porque non teño curiosidade por lle poñer cara aos autores dos textos que leo, escriban en soporte papel ou cibernético. Unha das grandes eivas de foros e blogs é a frecuente tentación de identificar e acribillar aos contertulios en lugar de se concentrar nas ideas.

5 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Canta razón leva, amiga Lourixe. No das tentacións.

lourixe disse...

Grazas a Estíbaliz que me achegou o link

Anónimo disse...

Daquela, por que unha foto da Princesa de Clèves?

lourixe disse...

Touché! En realidade pendurei ese gravado de madame de Lafayette por ilustrar o post, cando normalmente colo unha imaxe alusiva á obra, como foi no caso de Madame d'Aulnoy. Pero está morta e non me vai replicar.
Pero mantéñome no outro. O xogo perde moito do seu encanto cando en foros e blogs te dirixes a xente con nome, apelidos e rostro coñecidos, no canto de trollear con fantasmas virtuais.

oko disse...

ás veces a curiosidade é tan grande que dan ganas de verlle a cara a quen está do outro lado...