O único camiño para a dignidade humana é a liberdade, entendes? Por iso debes combater a vertixe, por unha razón de autonomía persoal. A enfermidade procura destruir a túa propia soberanía. Facerte dependente do medo. Non o esquezas. Ti es o único que pode extirpar esa pedra negra da vertixe. Se puidese, eu mesma cha arrincaría cos meus propios dedos do lugar onde estivese. Non che estou pedindo demasiado, só que loites con todas as túas forzas. Cada un dos teus movementos -os teus acenos, os teus pasos adiante, as túas olladas- debe ser un combate.
Sechu Sende, "Orixe"
Sechu Sende, "Orixe"