02/01/2008

Ser, ter, facer


Ano novo e a vida de sempre. Unha data para facer balance. Do que son, do que teño, do que fago.
Si, son eu: errática, aventureira, acollendo os avatares da vida cun sorriso ou unha gargallada, respeitando as circunstancias. Lembrando de cando en cando cun brillo na mirada os que se foron e os que se irán sen se despediren. Por que non serei máis míope? Maldita intuición, aí estás!

3 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Feliz ano, chairega! ten coidado cos teus desexos de miopía, porque poderían facerse realidade, como di o dito. A claridade de visión pode doer un pouco, pero é preferible a camiñar pola vida como unha teupa cegata.
Un bicazo.

Rakel disse...

Que teñas un bo ano 2008, rula.

Non te felicitei antes vía e-mail porque o que usaba desactivouse por levar máis de 45 sen uso, e cando o reactivei tiña todo, absolutamente todo borrado, mensaxes gardadas e enderezos incluídos. Unha mágoa.

Ben, dá gusto verte coma sempre. Non cambies nunca.

Unha gran aperta.

Madame Vaudeville disse...

Feliz comezo de calendario 2008. Boas calendas e bos desexos cumpridos. Bicos dende o cabaret