- Quen casa ten de seu, ten media vida.
Un-has telliñas para nos cubrir,
catro paus que ardan n'a lareira nosa,
¡e a traballar sin fin!
¡Valor, valor! Y espera, desdichado,
mentras teñas aquí
un-has paredes tristes e desnudas
máis qu'herdache, infeliz.
e d'as que naide despoxarte pode.
¿Naide?... A miseria, sí.
Rosalía de Castro, "Follas Novas"
Un-has telliñas para nos cubrir,
catro paus que ardan n'a lareira nosa,
¡e a traballar sin fin!
¡Valor, valor! Y espera, desdichado,
mentras teñas aquí
un-has paredes tristes e desnudas
máis qu'herdache, infeliz.
e d'as que naide despoxarte pode.
¿Naide?... A miseria, sí.
Rosalía de Castro, "Follas Novas"
1 comentário:
Fermosa casa tamén. Nótase algún sinal de vida, alguén que quizais espera a que a esperen. Namentres, le un libro sobre tempos xa lonxanos.
Enviar um comentário