10/01/2007


Facer de min a túa lenda.
Entender que descansan sobre ti os restos da verdade,
que é fermosa a mentira,
que debo esquecer aqueles sen principio nen fin que nós éramos.
Pero tento regresar a un ataque de auga detida que empeza xustamente nos teus ollos
cando adiviñas a beleza do desastre
e é só imaxe.
Sei que a historia no ten nada que ver co sentimento
e é estraño

porque aínda así non arrastrará nada que me obrigue a crear unha necesidade
ou unha lenda.

E por iso renuncio ao drama.
Quero a miseria da que agarda. A miseria.

Emma Couceiro, do libro colectivo "Mulher a fazer vento", 1998)

Sem comentários: